AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS FORMACION

15 / Abril / 2010

Orde do 8 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, e se convocan para o ano 2010.

Esta orde convoca axudas para financiar accións formativas e de transferencia tecnolóxica levadas a cabo por entidades asociativas do sector agroforestal, cooperativas agrarias, as de explotación comunitaria da terra, sociedades agrarias de transformación, asociacións de cooperativas e as de produtores.

A temática das actividades será preferentemente sobre algunha das seguintes materias:

a) Xestión empresarial e comercial.

b) Uso das tecnoloxías de información e comunicación.

c) Novas alternativas produtivas e certificacións de calidade no marco das producións de calidade diferenciada.

d) Produción agraria sustentable, agricultura ecolóxica e produción integrada.

e) Conservación de recursos fitoxenéticos autóctonos.

f) Incorporación de tecnoloxías innovadoras aos procesos de produción e transformación.

g) Fontes renovables de enerxía de uso agrario e biocarburantes.

h) Ordenación do espazo agroforestal e mobilización de terras agrarias.

Estas accións formativas poden ir dirixidas aos socios destas entidade ou ao persoal que traballa nelas, cunha duración mínima de 20 horas e un número de alumnos entre 15 e 30.
 
O prazo de presentación de solicitudes remata o 17 de maio de 2010.
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético