AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS

07 / Enero / 2014

ORDE do 20 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2014.

As axudas desta orde van dirixidas a realización de Plans de mellora da competitividade das explotacións leiteiras a través da redución dos custos de produción.
 
Os investimentos irán destinados a:
  • A redución dos custos na produción leiteira.
  • A redución dos gastos en enerxía, mediante o aforro e a eficiencia enerxética.
  • A substitución do uso de enerxías convencionais por enerxías renovables.
A contía dos investimentos poderá chegar a un máximo de 50.000 euros por UTA, sen superar os 100.000 euros por explotación, para calcular este valor temos que sumar o importe dos investimentos desta solicitude os aprobados nos anos 2009 ou 2011 no caso de ter solicitado esta mesma axuda.
 
As axudas poden chegar ata o 40% de forma xeral e ata o 50% nas zonas desfavorecidas.
 
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 7 de febreiro de 2014 e o prazo de xustificación dos investimentos será, como máximo, ata o 15 de setembro de 2014.
 
 
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético