AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS

03 / Marzo / 2009

Orde do 25 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal, e se convocan para o ano 2009.

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas para a realización de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos no período 2009-2013 e concovar estas axudas.
 
As actividades subvencionables deberán adecuarse as seguintes temáticas:
  • Iniciativas de cooperación que ofrezan novas saídas ou incrementen o valor engadido dos produtos agrarios e os seus transformados.
  • Iniciativas de cooperación que ofrezan saídas alternativas  ou con maior valor engadido para produtos agrarios obtidos mediante sistemas de produción integrada ou ecolóxica.
  • Iniciativas de cooperación que permitan introducir novos produto, procesos ou tecnoloxías para o desenvolvemento de fontes renovables de enerxía de orixe agraria e forestal de Galicia.
As axudas poden chegar ata 200.000 euros e cubrir o total do custo da actividade.
 
O prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro 3 de abril de 2009.
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético