AXUDAS DEPUTACIÓN DE LUGO
10 / Febrero / 2015
A Deputación Provincial de Lugo anunciou a convocatoria e bases que rexerán a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do programa de apoio ao sector agrogandeiro, vitivinícola e pesqueiro na provincia de Lugo, ano 2015.
Entre as liñas deste programa salientamos a liña 1 "Recuperación e incorporación de terras para a posta en producción de recursos agrogandeiros"
Esta liña esta dirixida a incorporar superficie produtiva as explotacións, podendo ser en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou doazón.
Para poder ser beneficiario é preciso dispor dunha superficie mínima dunha hectárea para a súa posta en produción, se ben non ten porqué ser nunha soa parcela.
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
-
Gandeiro ou agricultor individual
-
Agrupacións de gandeiros ou agricultores
-
Sociedades agrarias de transformación (SAT)
-
Persoas xurídicas que obstenten a titularidade de explotacións
-
Persoas físicas ou xurídicas que asuman o compromiso da súa incorporación á agricultura ou gandería.
Para poder ser beneficiario e preciso acreditar que o 50% dos ingresos da persoa física ou o 50% dos ingresos da metade dos socios nas sociedades proveñen da actividade agrogandeira.
O importe desta liña pode chegar ata os 500 euros por ha.
O prazo para solicitar estas axudas remata o 9 de marzo de 2015.