Orde do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2018.
Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen dende o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018.
A comunicación do dano a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio debe realizarse nas 24 horas seguintes ao ataque, mediante unha chamada ao teléfono 012. A partir do 1 de outubro de 2018 a comunicación dos danos deberá ser igual, aínda que a axuda queda condicionada a unha nova convocatoria no ano seguinte.
O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días naturais para os danos comunicados antes da entrada en vigor desta orde, e de 45 días naturais dende o día seguinte a comunicación para os danos comunicados dende a entrada en vigor da orde.