27 / Noviembre / 2024
O día 27 de novembro coincidindo coa visita ao Ligal da Conselleira do Medio Rural, María José Gómez, anunciou un incremento das axudas para o Control Leiteiro, estas iran destinadas ao Ligal, para financiar parte das analíticas que se realizan e as entidades de Control Leiteiro, é dicir as africores.
Estas axudas deben servir para que as africores se adapten ao novo marco normativo, RD 663/2023 e a Resolucion do 31 de outubro de 2024, que a partir de agora rixen o Control Leiteiro Oficial en España.
O Control Leiteiro é unha ferramenta esencial para os produtores de leite, unha forma de recoller a información regulada en cada pais, pero seguindo sempre as directrices do ICAR, un organismo internacional para o control de rendementos das producións gandeiras, o que permite traballar con toda a información dun xeito conxunto para o cálculo das avaliacións xenéticas.
As ganderías en Control Leiteiro teñen maior información sobre os seus animais, pois dispoñen de rexistros de produción e análiticas de cada vaca, o que permite coñecer mellor a situación e características de cada animal, permitindo unha optimización dos tratamentos e redución do uso de antibióticos.
Nun sector tan dinámico como o produtor de leite, onde hai explotacións cun alto grao de tecnificación, con multitude de sensores que tamen aportar información ao gandeiro, o Control Leiteiro ten que ir un paso por diante, aportando nova información que axude aos nosos gandeiros na súa toma de decisións, así xa estamos analizando todas as mostras de BHB (betahidroxibutirato), un indicador de cetose, acedos graxos, urea e estamos traballando co Ligal para poder reportar o reconto celular diferenciado, é dicir ver o tipo de células que predomina nesa mostra que tamen pode aportar moita información.