AXUDAS ASESORAMENTO, XESTION E SUBSTITUCIÓNS
29 / Diciembre / 2010
Orde do 22 de decembro de 2010 pola que se establecen as axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2011.
Estas axudas van destinadas a posta en marcha de servizos de asesoramento por parte de entidades privadas sen ánimo de lucro ou cooperativas, excepto ADSG, Atria e ADF.
A implantación de servizos de xestión poderá ser realizada por cooperativas ou entidades asociativas dos sector agrario, que teñan a autorización previa do organismo competente da Consellería do Medio Rural para exercer esa actividade.
Poderán beneficiarse das axudas a implantación de servizos de substitución as cooperativas ou entidades asociativas do sector agrario que implanten este servizo entre os seus asociados, así como as empresas que leven a cabo esta actividade nas condicións establecidas nesta orde.
Os gastos subvencionables, no caso dos servizos de asesoramento e/ou xestión serán os bens inventariables e a contratación de persoal, no caso dos servizos de substitución o único gasto subvencionable será o custo salarial derivado da contratación do persoal.
En todo os casos as axudas poderán ter unha duración máxima de cinco anos, durante os cales a intensidade da axuda irá decrecendo.
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 3 ao 31 de xaneiro de 2011, ambos incluídos.