AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS A CALIDADE DO LEITE

22 / Marzo / 2011

Orde do 11 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións e a súa certificación externa, e se convocan para o ano 2011.

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas para a implantación das guías de prácticas correctas de hixiene en gandarías adicadas á produción de leite de vacún, ovino e cabrún. As guías serán as publicadas na páxina web do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariñ  http://www.mapa.es/es/ganaderia/ganaderia.htm
 
Esta orde recolle dúas liñas de axuda:
  • Axudas para o asesoramento técnico na implantación das guías.
  • Axudas para a certificación externa da implantación das guías, nesta liña tamén se inclúe o proceso de asesoramento técnico previo a certificación.

Poderán beneficiarse destas axudas as centrais de compra, cooperativas e sociedades agrarias de transformación que comercialicen ou transformen leite de vaca, ovella ou cabra, e as agrupacións e asociacións de produtores de leite.

Serán custos subvencionables os seguintes:
  • Gastos de asesoramento técnico ao gandeiro
  • Gastos xerados na xestión do programa
  • Gastos derivados do control efectuado nas visitas realizadas polo equipo técnico
  • Gastos para a formación dos produtores
Os programas solicitados ao abeiro desta orde terán unha duración dun ano, dende o 1 de maio de 2011 ata a 30 de abril de 2012.
 
O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de abril de 2011.
 
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético