AXUDA GASÓLEO AGRICOLA
17 / Junio / 2010
Orden EHA/993/2010, de 21 de abril, por la que se establece el procedimiento para la devolución parcial de las cuotas del Impuesto sobre Hidrocarburos soportadas para los agricultores y ganaderos.
Segundo esta orde o prazo para presentar a solicitude para a devolución parcial deste imposto sobre o gasóleo comprado en 2009 comenzou o 1 de maio.
O importe a devolver será igual ao resultado de multiplicar o tipo de 78,71 euros por 1.000 litros sobre unha base constituída polo resultado de multiplicar o volume de gasóleo efectivamente empregado na agricultura, incluída a horticultura, gandaría e silvicultura durante o ano anterior, expresado en miles de litros, polo coeficiente 0,998.
A tramitación desta axuda realizarase por internet na páxina web da Axencia Tributaria e para iso e necesario estar en posesión dun certificado de sinatura electrónica, ou realizar a presentación da solicitude a través dunha entidade colaboradora.
Para os vindeiros anos este prazo de solicitude comenzará o 1 de abril do ano seguinte.