Dentro das actividades de AFRICOR-LUGO, está a colaboración con as entidades organizadoras, no apoio a os concursos de gando frisón, co gallo de promocionar as nosas ganderías.
A colaboración abrangue tanto na preparación dos animais, como na labor de concienciación dos gandeiros de colaborar nestas actividades, como oportunidade que é de dar a coñecer os animais criados nas nosas explotacións, e o traballo de mellora realizado ano tras ano polas ganderías que participan. Preténdese dar reflexo dun traballo ben feito, a recría, e demostrar que na nosa provincia e en Galicia en xeral, existen ganderías punteiras na selección e mellora dos animais.
Así mesmo celébranse concursos de novos manexadores, para promocionar a vinculación da mocidade á actividade gandeira, como proposta de futuro ás ganderías dos vindeiros anos. Co mesmo obxectivo, organízanse cursos de preparación de animais, onde os rapaces e rapazas poden aprender técnicas de manexo e preparación de animais.